domingo, 7 de Junho de 2009
sábado, 25 de Abril de 2009
Recantos de Londres
Publicada por
Bea
ás
19:34
0
teñen dito
Etiquetas: Londres, Nihil, Polo mundo adiante
quinta-feira, 5 de Março de 2009
Águia perdigueira incubando en directo

No parque do Garraf (Barcelona), ten o niño unha parella de águias perdigueiras. No seguinte enlace pódese ver en directo como ela incuba os ovos (dous) que nuns corenta días se crebaran para recibir ós pequenos. Isto conséguese cunha cámara de video sita no mesmo niño. De cando en cando os ovos fican sós no niño, aínda que a maior parte do tempo á águia femia está sobre eles.
Clicar para ver en directo
Publicada por
Bea
ás
16:22
2
teñen dito
Etiquetas: Fauna, Iste Mundo
domingo, 1 de Março de 2009
"Do I Still Exist if You Don't See Me?"
Publicada por
Bea
ás
17:23
2
teñen dito
Etiquetas: Artes varias, Fotografiando, Francesca Woodman
quarta-feira, 18 de Fevereiro de 2009
A soas
Non llo advertiu
cando bicaba os seus pés.
Cando lambía unha por unha as dedas-caramelo de morango amargo.
Non llo advertiu e ela non o soubo
que tería que camiñar sen el tantos quilómetros.
A soas
Publicada por
Bea
ás
13:34
1 teñen dito
Etiquetas: Anacos, Escribo, Letras Galegas, Nihil
domingo, 15 de Fevereiro de 2009
Vangardas case íntimas (IV)
Darlle ó mundo a incoherencia desexaDa
Da dor parida, enxendraDa
D'Artagnan non voltou da súa cruzaDa
Danubio con parrulos (de goma) e ela aí afogaDa
Dá medo ver a danza maldeciDa
Da meiga donDa
Dá medo, dá
Dá-dá
DADAISMO: LOBOS
HOrrible, abafante pensamento monocroMO
(negro)
HOmes e máis mulleres bebendo leite seMI
(magro)
NIntendos para os nenos, galletas LU
(molladas)
e malia todo o PUS
(noxento, amarelo)
saíndo a borbollóns das súas costras
(se as rabuñas)
Publicada por
Bea
ás
18:50
1 teñen dito
Etiquetas: Escribo, Letras Galegas, Nihil, Poesía
quarta-feira, 11 de Fevereiro de 2009
Vangardas case íntimas (III)
Mísiles de ferro apuntan
ós catro puntos cardinais:
N-E-W-S
parecen pero xa son vellos,
xenreira en moléculas e átomos.
Autómata debruzado
na torre de mercurio
ten as mans de diamante cheas de vidas
-de bágoas-
dos clons
que choran pingas de óleo.
E chove pingas de sangue
no refuxio antiaéreo,
fisión de bágoas.
Non engraxou a máquina
o alien despiadado.
Avión.
Nave.
Tren
de alta velocidade
-faíscas de metal-
viaxando cara
¿onde?.
Pero a computadora non procesa
o sal de tantas bágoas.
Publicada por
Bea
ás
18:53
2
teñen dito
Etiquetas: Escribo, Letras Galegas, Nihil, Poesía
sábado, 7 de Fevereiro de 2009
Homenaxe a Ferrín
Publicada por
Bea
ás
19:58
0
teñen dito
Etiquetas: Escritores galegos, Letras, Letras Galegas, Xosé Luis Méndez Ferrín
domingo, 1 de Fevereiro de 2009
Vangardas case íntimas (II)
Cascuda prateada
de fume de Marlboro
ferida polas frechas fuxitivas
(o f fonosimboliza vento)
dun Cupido fríxido que vinga
o seu ego entoldado
das calindornas de tódalas cores:
azul, verde, encarnado- qué torpes-
chocan unhas conta outras,
entrecrúzanse, esvaran
polo chan incoloro,
insípido e inodoro.
Cupido hermafrodita que menstrúa
mil algodóns de azucre borrallentos
-destinxidos-
cheos de brúos xordos, irritados,
cheos de arames con gume de ouro,
cheos-ó fin-cheos de nada.
E chove.
Publicada por
Bea
ás
17:36
0
teñen dito
Etiquetas: Escribo, Letras Galegas, Nihil, Poesía
quinta-feira, 29 de Janeiro de 2009
Vangardas case íntimas (I)

Vai facer dez anos (dez xa!!) estas "vangardas case íntimas" facíanse co fernández del riego ante o abraio daquela nena algo túzara que aínda hoxe teima en premer sen sentido as tecras dun ordenador. Recordalas hoxe en día é como mirar para un fillo cheo de defectos ó que non se lle pode evitar ter o cariño máis especial de todos.
moi escuro
dentro de min. Rompeu
a lampada de carburo
Histeria. O propio eu
loita contra algo mesto.
Ich. Es. Überich
Non podo controlalo
Síntomas
Neuróticos. E Ela
autómata irreflexiva.
E Freud
peneira ideas. Face aluada.
Quero recupera-las Tres Sortellas;
chapín de veludo
en gadoupa de guepardo.
A Besta ten os ollos moi abertos
e carapucha negra con remendos
das miñas bágoas. Angustia
Mecanismos de defensa. E Freud
peneira ideas nas entrañas.
Publicada por
Bea
ás
18:32
2
teñen dito
Etiquetas: Escribo, Letras Galegas, Nihil, Poesía, Vaidades
quarta-feira, 21 de Janeiro de 2009
De voitres
(Rhett Butler a Escarlata O'Hara).
Publicada por
Bea
ás
18:25
0
teñen dito
Etiquetas: Cine, Gaza, Iste Mundo, Mass Media, Teñen dito, É noticia
quarta-feira, 14 de Janeiro de 2009
Biblioteca das Letras Galegas

Un proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades e a Biblioteca Virtual Miguel de Cervates. O portal nace coa vocación de ser un referente do patrimonio literario galego dende a Idade Media ata hoxe. Na páxina pódense ler obras da nosa literatura, e información moi completa sobre autores varios, dende Martin Codax a Rosalía.
Pódese ver aqui: http://www.letrasgalegas.org/
Publicada por
Bea
ás
22:09
0
teñen dito
Etiquetas: A rede, Escritores galegos, Galego, Letras, Letras Galegas, Mass Media
Escritoras nobel
Ata agora, foron once as escritoras que gañaron un premio nobel. A imaxe que segue corresponde a Doris Lessing, de pais británicos e nacida en 1919 na antiga Persia, coñecida pola súa defensa da muller e críticas do racismo. Foi a última en gañar o nobel, en 2007.
As dez mulleres restantes son as que siguen:
1909: Selma Lagerlöf. (Suecia) A autora de " A marabillosa viaxe de Nils Holgersson inspirabase para escribir nas lendas populares do seu país
1926: Grazia Deledda. (Italia). Autora de novelas como "Cosima", reflicte nos seus libros a dureza da vida na súa Cerdeña natal
1928: Sigrid Undest (Noruega). A súa novela histórica sobre o destino dunha muller, Kristin Lavransdatter, fíxoa merecedora do galardón.
1938: Pearl S Buck. A autora estadounidense viviu vinte anos en China. Tamén recibiu o premio Pulitzer
1945: Gabriela Mistral. (Chile). Poeta, diplomática e profesora, "Desolación" ou "Poema de Chile", están entre as súas obras.
1966: Nelly Sachs (Alemania). Compartiu o galardón co escritor israelí Shmuel Agnon.
1991: Nadine Gordimer. (Sudáfrica). Trata nos seus libros os problemas do apartheid.
1993. Toni Morrison (EE.UU). Con só seis libros publicados é uha fervente defensora dos dereitos civís e políticos.
1996: Wislawa Szymborska. (Polonia). Considerada unha das voces máis orixinais da poesía do seu país.
No ano 2004: Elfriede Jelinek (Austria). A decisión provocou a dimisión dun dos membros da Academia sueca. Jelinek sempre criticou a sociedade do seu país de nacemento, do que di que segue ancorado no nazismo.
Publicada por
Bea
ás
16:53
0
teñen dito
Etiquetas: Letras, Premios e premiados
sexta-feira, 9 de Janeiro de 2009
O extraño mundo de Mark Ryden

Fascínanme a obra deste artista estadounidense. As súas pinturas amosan mundos inquedantes cos cativos como principais protagonistas. Iconografía pop, frases en latín, carne e sangue, imaxes alquímicas ou simbolos relixiosos confabúlanse para compoñer un universo irracional, onírico. O mundo secreto e cruel dos nenos, cheo de cores vivas, de peligros ocultos, de monstros e gadoupas.Para Mark Ryden "a vida é pura ilusión. Somos seres de enerxía pura e a carne é o que nos mantén enteiros".
Paga a pena ver este video.
Publicada por
Bea
ás
22:54
1 teñen dito
Etiquetas: Artes varias, Mark Ryden, Youtube
Madrid: neve na cidade
Publicada por
Bea
ás
19:03
1 teñen dito
Etiquetas: Fotografiando, Nihil, Nos madriles
terça-feira, 6 de Janeiro de 2009
Cantámosche os reises, Orellas de cabra...
Publicada por
Bea
ás
00:13
4
teñen dito
Etiquetas: A Terriña, Galego, Letras Galegas, Música, Nadal, Poesía
domingo, 4 de Janeiro de 2009
Confín dos verdes castros
Publicada por
Bea
ás
23:35
0
teñen dito
Etiquetas: A Terriña, Fotografiando, Iste Mundo, Nihil, Santa Trega
Vinte anos despois...
Publicada por
Bea
ás
23:23
2
teñen dito
Etiquetas: A Terriña, Fotografiando, Nihil, Santa Trega
sexta-feira, 2 de Janeiro de 2009
As orixes do Dereito europeo
Publicada por
Bea
ás
16:19
1 teñen dito
Etiquetas: historias da Historia, Iste Mundo, Iuris, Medioevo
quinta-feira, 1 de Janeiro de 2009
Dousmilnove
Publicada por
Bea
ás
20:52
0
teñen dito
Etiquetas: A Terriña, Fotografiando, Nadal, Nihil, Ourense
quarta-feira, 31 de Dezembro de 2008
Sinais
Gustaríame dedicar unha homenaxe á pelicula de mafiosos por excelencia, á que serviu de exemplo ós demáis directores do xénero. "Scarface o terror do hampa" narra a historia dun mozo chamado Tony Camonte, que aspira a liderar ós mafiosos de Chicago. Este clásico foi rodada en 1932 por Howard Hawks e Richard Rosson. Nela hai unha serie de detalles que a convirten nunha obra mestra do xénero.Un dos que máis me chama a atención: cada vez que alguén ten que morrer, un motivo en forma de cruz ou de X está discretamente presente na imaxe e no decorado.
Publicada por
Bea
ás
19:37
0
teñen dito
Etiquetas: Cine, Cine negro, Howard Hawks, Lana Turner, Tay Garnett
segunda-feira, 29 de Dezembro de 2008
Archibald Joseph Cronin
Publicada por
Bea
ás
23:41
0
teñen dito
Etiquetas: Archibald Joseph Cronin, Escritores escoceses, Letras, Novela



































